Redacción 25/04/2023

ste xoves 20 de abril, Esquerda Unida – EU Son presentou no Porriño a súa candidatura ás eleccións municipais.

O acto, conducido por Pedro Ocampo, exconcelleiro e coordinador local, contou coa presencia de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.

Patricia Sío encabezará a candidatura, concelleira e actual voceira do grupo municipal.  Veciña de Torneiros e licenciada en Dereito, con formación tamén no Grao en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas e funcionaria da Universidade de Vigo.

No segundo posto está José Manuel Villa, actual concelleiro. Prexubilado, xtraballador do naval e do Concello de Vigo, conta con ampla experiencia na vida municipal e participación no movemento da defensa das pensións.

Sonia del Moral será a terceira, unha muller seria, valente e coñecedora desde a súa oficina de seguros das dificultades de autónomas e autónomos na xestión dos seus pequenos negocios e comercios. Acompáñaa no cuarto posto Sabela Landín, exconcelleira e luitadora na defensa da saúde das mulleres e das persoas con discapacidade.

Preséntase unha candidatura, renovada en parte coa incorporación de mocidade, pero que mantén tamén a presencia de persoas imprescindibles para un proxecto por e para a clase traballadora, como son os exconcelleiros Pedro Ocampo e Blanca Francés.

Confórmase unha lista plural, diversa e con maioría de mulleres pero, ante todo, con conciencia de clase, con principios, capacidade e ganas para xestionar un concello que se faga cargo de mellorar as condicións de vida das veciñas e veciños do Porriño. Un goberno para coidar o máis próximo.

No acto debulláronse os eixos fundamentais do programa que se dará a coñecer nos vindeiros días: trasparencia e participación, políticas sociais por diante, vivenda, remunicipalización dos servizos, novo PXOM, plan de medioambiente, papel activo nas demandas ante outras administracións, un Porriño por unha área metropolitana de Vigo solidaria…

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad