Sabela Landín 18/04/2023

En Salceda hai 1529 nenos e nenas en idade pediátrica e a baixa da titular non conta con unha substitución efectiva

Movemento Salceda ven de denunciar publicamente a situación do servizo de pediatría no municipio, onde a titular da praza atópase de baixa e non foi substituída de forma permanente, tendo quedado algunas veces nenos e nenas sen atención por unha nefasta xestión por parte de SERGAS.

Según explicou a portavoz deste grupo político, Loli Castiñeira, que recolle as queixas de nais e pais afectados, é necesario que o SERGAS dote o centro de saúde de Salceda dunha segunda praza. “Na actualidade o noso  Concello conta cunha poboación de 9447 persoas, das cales 1529 son nenos e nenas en idade pediátrica  (0 a 14 anos). O número de nacementos no ano 2022 foi de 78, polo que é de xustiza contar coa segunda praza de pediatría. A ratio de cartillas por pediatra en Galicia sitúase nas 900. En Salceda supérase en máis de 600 cartillas”.

Castiñera explica que no mes de xuño de 2020 púxose en marchao novo centro de saúde, “co esforzo, co traballo e coa unión de todas e todos contra a oposición frontal do Partido Popular de Salceda, conseguimos esta importante e necesaria infraestrutura para o noso Concello”.

“Movemento Salceda sempre defendeu que o continente tiña que ter contido , e a reivindicación de aumento do persoal facultativo só se cumpriu a medias por parte da Xunta de Galicia. Chegou o quinto médico, máis  a segunda praza de pediatría nunca chegou, nin sequera a proposta  dunha praza compartida co veciño Concello de Salvaterra  foi atendida polo Sergas”, recorda Castiñeira.

A líder de Movemento Salceda pregúntase “¿cómo é posible a carencia que sufre pediatría cando a persoa titular, unha excelente profesional con sobrecarga de pacientes, non pode estar no seu posto? Agora temos un problema non só coa necesidade da segunda praza de pediatría, senón coa estabilidade da primeira”.

Conmemorando o día do neno e da nena, Movemento Salceca quixo facerse eco dos actuais problemas que está sufrindo o servizo de pediatría no Concello de Salceda de Caselas e seguir reivindicando a segunda praza de pediatría para o centro, e a estabilización da actual praza, cunha substitución á baixa de forma permanente.

Ademáis, Castiñera dixo que debido á proximidade dunhas eleccións

“posiblemente nos visite o Presidente da Xunta e diferentes conselleiros e conselleiras, pero as nais e pais de Salceda non  queren máis visitas con promesas, queren compromisos e feitos. Os nenos e nenas de Salceda teñen que dispor  dun servizo de pediatría  digno”.

Ademáis Movemento Salceda agradece a iniciativa dunha nai da localidade, Saray, que nas últimas semanas deu a coñecer a problemática que se vive no centro de saúde, e tamén a todos os colectivos que se están movendo, ANPAS e SAPIX, amosándolle todo o apoio da formación local.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad