Sabela Landín 14/04/2023

Conformada por trinta persoas asociadas, PROLIGAL é unha entidade encamiñada a reforzar o sector da olivicultura en Galicia e apoiar na dinamización dunha produción distribuída nas catro provincias

O Consello Reitor de PROLIGAL, a recentemente constituída cooperativa olivareira de Galicia, asinou hoxe culminou hoxe, coa rúbrica notarial, o proceso da súa conformación como entidade de carácter galego para a promoción, estudo, conservación e dinamización da olivicultura no noso país e con presenza activa, xa neste momento constituínte, nas catro provincias galegas.

Xoán Couto, María José Salgado, José Antonio García, María del Mar Pantín, Rebeca González, CarmenLagee José Pérez son as persoas que artellan o corpo reitor desta coopoerativa que inicia a súa andaina ao abeiro da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

PROLIGAL, Produtores de Olivas de Galicia

PROLIGAL nace coa vocación de servir para dinamizar un cultivo que nos últimos corenta constatou unha presenza crecente en Galicia. Neste sentido, esta breve traxectoria leva implícita a necesidade de solucionar dúbidas relativas a todo o proceso vinculado coa oliva, desde a adecuación dos solos ata o procesado para a elaboración de aceite. Neste sentido, a finalidade de PROLGAL reside en facilitar a todas as súas persoas asociadas un marco común, colaborativo e aberto, de intercambio de coñecementos, procesos e produtos que favorezan a potencial consolidación dun cultivo con implicacións positivas en máis sectores produtivos de Galicia. Desde a manufactura de ferramentas e maquinaria, consultoría e asesoramento, traballo agrícola, manufactura da materia prima ou a posterior comercialización, esta nova iniciativa de dinamización do agro galego vén tamén contribuír ao desenvolvemento en moitos outros dos nosos sectores socioeconómicos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad