Sabela Landín 10/04/2023

Trátase dun curso oficial homologado e expedido pola Xunta de Galicia cunha duración de 200 h, 100 de formación presencial e outras tantas de formación telemática

O Concello do Porriño, en colaboración coa ETL Avada Sociedade Cooperativa Galega, pon en marcha o Curso Homologado de Monitor/a de Tempo Libre. Os contidos do curso impartiranse seguindo unha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Trátase dun curso de 200 horas cunha fase de prácticas de 150 horas a realizar unha vez rematada a parte teórica.

O precio é de 250 euros, 225 para as persoas que dispoñan do carné Xove  e 200 euros para as empadroadas no Porriño.

O alumnado que remate o curso obterá o título oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo libre e estará formado sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar entreter e sobre todo educar mediante as súas accións.

Este curso é requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais ou establecementos turísticos, entre outros.  

Desde hoxe ata o próximo 21 de abril poderanse realizar as inscricións a través da seguinte ligazón: www.avada.gal/etl/matl/porrino/ . Darase prioridade ás persoas empadroadas no Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad