Esta mañá comezou a segunda edición da mostra de educación e formación FormaMOS, que se iniciou coa charla de Pedro García Aguado.
Á inauguración da mostra acudiron Jesús Manuel Álvarez Bertolo, Director Xeral de Centros da Xunta de Galicia, Miguel Hernández, Inspector Xefe de Educación, César Pérez Ares, Delegado Territorial de Educación, Rodrigo Salgado, Director do Colexio Lar, Xurxo Collaz, Director do IES de Mos, Julia Loureiro concelleira de Educación, Placi Ucha Cambeiro presidenta da ANPA ATIN, Lourdes Rodríguez Davila presidenta da ANPA PENA DE FRANCIA, José Benito Díaz Alonso presidente da ANPA PETELOS, Laura Romero Maneiro presidenta da ANPA CEIP MESTRE VALVERDE MAYO, directiva da ANPA MERSTE MARTÍNEZ ALONSO, Sonia Vázquez Cabaleirón presidenta ANPA IES MOS, Mariano Jiménez Pérez Brigada 2 Jefe do destacamento de tráfico da Garda Civil O Porriño, Bruno Tato Varela Tenente Xefe do destacamento de tráfico da Garda Civil O Porriño, Juan Antonio López Ganaza Sarxento cuartel de Mos, Rafael Antonio Pereira Capitán Jexe da compañía de Vigo, César Barros Fraga Capitán de Fragata (CGA) e xestor de área de reclutamento e subdelegado de defensa de PONTEVEDRA, Rafael Antonio Pereira Capitán Xefe da Compañía de Vigo.
Entre os 70 stans cos que conta a mostra destacan algúns como os do Concello de Mos, Xunta de Galicia, RC Celta (esta tarde de 16 a 17h estará o xogador Gabri Veiga), IES de Mos, Colegio Lar e outros con vehículo anfibio, drons, robótica… etc.
A novidade deste ano foi a presenza e participación de Pedro García Aguado, medallista olímpico coa Selección Española de Waterpolo e que se fixo popular polo seu programa televisivo “Hermano Mayor”.
O Obradoiro Municipal de Emprego, foi o encargado do Marketing da mostra e do deseño e elaboración dos stands de madeira da mesma.
Na súa intervención Arévalo, rexedora local mosense, adicou un especial agradecemento á consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo gran apoio a esta 2ª Edición.
A Mostra FormaMOS é unha gran oportunidade para coñecer de primeira man as posibilidades educativas máis actuais. Un escaparate formativo con demostracións en vivo e encontros con profesionais especializados en diferentes sectores.
Desenvólvese durante as xornadas de hoxe e mañá en horario de 9.30 a 19.00h no Pavillón Óscar Pereiro. A páxina web e as redes sociais de FormaMOS son: http://formamos.mos.es/ e Instagram @formamos_ e en Twitter @formamos_
Prevense preto de 2.000 asistentes confirmados e participan máis de 70 expositores de relevancia no sector da educación e formación desde Universidades a Escolas Superiores, escolas de idiomas, centros de FP, academias profesionais de oficios, institucións deportivas, escolas de música e conservatorios, administracións públicas, a Axencia de Colocación de Mos, Emerxencias e Protección Civil de Mos, Policía Local de Mos, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Exército-Forzas Armadas; e entidades de formación e emprego en colectivos con discapacidade (ONCE, Cogami, Aceesca…).