Sabela Landín 21/03/2023

A comunidade de montes de Atios, propietaria do Centro Social e Cultural, ubicado no recinto da Guía, abre unha nova poxa para a xestión da cafetería. Por motivos persoais, os antigos inquilinos teñen que deixar o negocio e a xunta reitora decidiu abrir un novo concurso para que as persoas interesadas presenten ofertas.

               O local dispón de 200 m2 interiores e unha terraza de 300 m2, dos cais 40 están cubertos. Coas obras de humanización do recinto da Guía, creuse un espazo inmellorable para os xogos e o lecer, cunha praza empedrada de mil metros cadrados, xardíns e un amplo aparcamento. O local pode funcionar como cafetería ou  establecemento de comidas. A cociña foi renovada, adquiríronse novas neveiras e botelleiros e instalouse un novo aparato de aire acondicionado e calefacción.

               As bases da poxa foron aprobadas na asemblea celebrada este sábado 18 de marzo. O inquilino debe asumir unha cota de arrendamento mensual, a limpeza dos espazos comúns do centro social e manter o local aberto seis días á semana no horario en que o centro teña actividade. Corren por conta do inquilino os gastos inherentes ao negocio (luz, taxas, impostos, etc.).

O prazo de presentación de ofertas remata o luns 27 de marzo ás 21:00 hs. Para calquera dúbida poden contactar coa xunta reitora no teléfono 606 96 81 35.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad