Sabela Landín 09/03/2023

O programa “CelebraMos o Centenario” convidará á veciñanza de todas as idades a achegarse á historia do Celta e ao seu proxecto de futuro.

O calendario de actos arranca este 8M, como unha homenaxe no Día Internacional da Muller, adicando a visita á Cidade Deportiva Afouteza a diferentes colectivos de mulleres de Mos

A Cidade Deportiva Afouteza acolleu hoxe a primeira das actividades do programa CelebraMos o Centenario, un conxunto de iniciativas previstas polo RC Celta que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses en colaboración co Concello de Mos. Coincidindo co 8M, o Día Internacional da Muller, ambas institucións recibiron a un grupo de mulleres de colectivos e asociacións de mulleres do municipio que visitaron o complexo deportivo esta tarde. No encontro, estiveron acompañadas do presidente do RC Celta, Carlos Mouriño e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.  

Continuando con estas accións, os días 15 e 21 de marzo, convidarase ás asociacións e colectivos mosenses a participar en diferentes visitas guiadas á cidade deportiva. E para o público xeral, estas visitas terán lugar os vindeiros 14 e 22 de marzo. Todas realizaranse pola tarde, en diferentes quendas, desde as 15.30 ata as 19.00 horas, cunha duración estimada de 45 minutos. Para participar nas visitas xerais só é necesario inscribirse nun formulario habilitado polo club, que será difundido na páxina web e nas redes sociais do Concello de Mos.

Durante o percorrido, poderán coñecer o ximnasio, o comedor, os vestiarios do Celta B e do primeiro equipo, a sala de visionado e control de afluencia, e ofrecerase a oportunidade de facerse fotos en puntos especialmente indicados para tal efecto.

O 21 de marzo, o RC Celta colaborará na prantación de árbores prevista no municipio con motivo do Día Mundial dos Bosques, prantando no terreo da Cidade Deportiva Afouteza 100 árbores e sumándose así a unha iniciativa na que participarán outras Comunidades de Montes do municipio e o propio Concello, prantando un total de 1.000 árbores no municipio.

O Club tamén estará presente, a través da súa división Galicia Sports 360, na próxima Feira de Educación, FormaMos do Concello de Mos, que terá lugar os vindeiros 30 e 31 de marzo.

CelebraMOS o Centenario incluirá, ademais, actividades para a mocidade. Así, unha delas, estará especialmente deseñada para o alumnado do IES de Mos, cunha charla sobre a historia do Club e a visita de xogadores do primeiro equipo ao centro. Están previstas, ademais, outras charlas e actividades dirixidas a diferentes públicos de Mos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad