O Comité Provincial aproba as listas que xa contan á súa vez coa aprobación das asembleas locais “para volver gañar as municipais na provincia”
As listas coas que o Partido Socialista concorrerá ás próximas Eleccións Municipais foron validadas hoxe polo Comité Provincial, máximo órgano entre congresos, celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra. Agora corresponderá ao Comité Nacional dar o visto bo ata a aprobación no Comité Federal que se celebrará o próximo día 25 deste mes de marzo.
Deste xeito quedaron validadas polo órgano provincial as 58 candidaturas que xa contan con aval das respectivas asembleas locais. O partido traballará para validar nos próximos días, xa delegando na Comisión Executiva Provincial, as candidaturas de Agolada, Dozón e Mondariz-Balneario.
Co acordo de hoxe constatouse que baixo as siglas do PSdeG-PSOE concorrerán un total de 21 cabezas de lista (aínda que a cifra incrementarase cos concellos aínda pendentes) que se estrean na cita do próximo 28 de maio, o que supón un 35% de renovación. O secretario xeral provincial destacou, ademais, que a aposta pola mocidade que chega cos novos candidatos e candidatas, conectando deste xeito ao partido coa sociedade.
As novas candidaturas chegan da man de Luís Arosa, Illa de Arousa; Iñaki Touriño, A Lama; Samuel Lago, Cambados; Adrián Vidal, CampoLameiro; Iria Malvido, Cangas; Camilo Macenlle, Bueu; Ana Couto, Cerdedo-Cotobade; Alba Forno, Lalín; Pablo Portas, Meaño; Mario Rodríguez, Moaña; Violeta Lois, Mondariz; Xoel Souto, Moraña; David Alonso, O Porriño; Anselmo Táboas, Pazos de Borbén; Gregorio Agís, Poio; Delfín Domínguez, Ponteareas; Iván Puentes, Pontevedra; Manuel Flores, Portas; José Luis Camiñas, Rodeiro; Félix González, Salvaterra; e María Manteiga, Vila de Cruces.
Nos 21 concellos onde hai alcalde ou alcaldesa socialista repítese en todos os casos, agás Illa de Arousa, Cambados e Vilaboa. No caso da Illa de Arousa o actual rexedor, Carlos Iglesias, decidiu dar un paso ao lado en favor de Luís Arosa; Cambados, onde xa hai dous anos concretouse o cambio da Alcaldía, que pasou de Fátima Abal a Samuel Lago; e Francisco Costa deu paso a un lado a favor de César Poza, en Vilaboa.
O Comité Provincial tomou tamén coñecemento de que xa conta con candidaturas para as entidades locais menores de Arcos da Condesa, Caldas de Reis; Chenlo, O Porriño; e traballará para concorrer tamén en Bembrive, Camposancos, Morgadáns, Pazos e Queimadelos.
David Regades destacou que a “maquinaria electoral” do PSdeG-PSOE xa leva meses en marcha e nos últimos dous xa presentou a moitos dos candidat@s, realizou actos setoriais en varias comarcas e ademais instalou valados cos candidatos e, finalmente, enviou cartas informativas en moitos concellos para dar a coñecer aos seus cabezas de cartel.
O obxectivo, engadiu Regades, é volver gañar as Municipais “dun xeito apabullante” como xa sucedeu en 2019, uns comicios que fixeron posible que o Partido Socialista goberne a 600.000 dos máis de 900.000 veciñ@s da provincia.