Usa a tramitación de emerxencia para tres contratos previsibles hai anos
O goberno do PP alegou situación de emerxencia para arranxar as cubertas
do Multiusos de Torneiros (26.966,54 €), polideportivos CEIP de Atios (85.068,63 €) e CEIP Fernández López (66.749,23€). Malia ter reclamado dende a oposición rigor na contratación e planificación usa agora este procedemento para a adxudicar sen abrir expediente.
O PP leva xa un ano gobernando e coñecía a situación das cubertas. Aínda con todo o que choveu en decembro, o problema veu por abandono e tivo tempo de licitar polo procecedemento ordinario ou de urxencia. A arquitecta municipal sinala falla de mantemento e o deterioro dos anos. O mesmo Concello recoñece estas circunstancias nas súas RR SS.
Os contratos adxudicáronse os tres á mesma empresa: ALEJANDRO PÉREZ GONZÁLEZ SL. Non se deu a oportunidade a outras a presentar a súa oferta nin ao Concello escoller a máis vantaxosa. Para afrontar o pago hai que aprobar no Pleno un crédito extraordinario de 178.784,40 €.
O PP demostra que non debe ter pensado cumprir o “Plan antifraude” aprobado recentemente. EU SON leva anos denunciando as irregularidades e a falla de transparencia en contratación, goberne quen goberne. EU SON votará en contra, non validou nin vai validar chanchullos, nin do goberno nin de algunhas empresas.
EU SON – Esquerda Unida.