Sthela Táboas 05/03/2023

Esta iniciativa, que a partir de agora terá continuidade todos os 8 de marzo, xurde como reinvindicación pola carencia de rúas adicadas a mulleres no Porriño

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño –CRC- descubrirá, este martes 7 de marzo ás 19.00 h, os nomes das 8 mulleres destacadas, tanto para a historia da propia entidade como para a vila en xeral, ás que se lle adicará unha rúa dentro das instalacións do centro.

Trátase dunha iniciativa reinvindicativa que leva por nome “Porriñesas nas rúas” que, segundo anuncian, terá continuidade ao longo dos anos en cada celebración do Día Internacional da Muller.

Para o presidente da entidade, Abel Gallego, “O Porriño é unha vila na que a muller desempeñou e desempeña un papel fundamental. Aínda así, é rechamante que non se recoñecese nunca no seu rueiro o seu traballo. Non existe nin unha sóa rúa na localidade con nome de muller”. O CRC, a partir deste ano e todos os 8M, recoñecerá a mulleres do pasado e do presente do Porriño deste xeito tan singular.

Mulleres pioneiras nos seus ámbitos, boas profesionais, traballadoras, solidarias, filántropas… Todas as que se propoñen este ano para este percorrido reinvindicativo “son dignas de ter unha rúa co seu nome”, afirma Gallego. “A iniciativa quere poñer en valor todo o que aportaron e aportan á nosa sociedade”.

Durante un mes, poderá realizarse o percorrido polas instalacións do Círculo para descubrir ás primeiras 8 mulleres, “primeiras de moitas que se homenaxeará nos vindeiros anos” e saber coñecer de xeito divulgativo as súas traxectorias.

Dende o CRC animan tamén aos centros educativos da vila a participar nesta iniciativa didáctica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad