Sthela Táboas 28/02/2023

Un total de 21 novos traballadores comezaron a traballar nos diferentes servizos municipais con cargo á Deputación de Pontevedra e ao Concello do Porriño

O Concello do Porriño incorporou onte a 21 traballadores que desenvolverán diferentes funcións nos servizos municipais, sendo recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, que lles deu a benvida salientando que aproveiten “esta oportunidade, non só para adquirir experiencia, tamén para sumar coñecementos”.

Estas contratacións son sufragadas con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra cunha achega de 234.000 €, máis preto de 50.000 € que aporta a Administración local.

Os postos que as novas incorporacións van desenrolar son 1 oficial de carpintería, 1 de soldadura, 1 de albanelería, 1 tractorista-condutor con guindastre e 2 peóns de obra pública, para o Departamento de Obras;  8 peóns forestais para o Departamento de Parques, xardíns e limpeza; 1 Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermeiría –TCAE-, para a Unidade Asistencial de Drogodependencias –UAD-; e 6 conserxes para diferentes departamentos municipais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad