Sthela Táboas 25/02/2023

A carreira e andaina solidarias contaban este venres con 733 inscritos aínda que os interesados en participar na andaina todavía poden inscribirse mañá antes da saída no Pazo de Mos

A carreira e andaina solidaria CorreMOS contra o Cancro terá lugar este domingo en Mos. Dos 733 inscritos o venres, dende a organización agárdase que ascenda ata preto do milleiro de participantes, pois os interesados en participar na andaina aínda poden inscribirse no mesmo día.

A carreira 10K CorreMOS contra o Cancro está organizada pola admistración local mosense, un evento deportivo solidario polo que o recadado coas inscricións será íntegramente destinado á Asociación Española contra o Cancro.

A carreira celebrarase mañán 26 de febrero, con saída e chegada ao Pazo de Mos. Ás 10.15 h sairá a andaina, cun percorrido de 5 Km de distancia; e ás 10.30 h dará comezo a carreira de 10 Km (1ª volta 5.400 m e 2ª Volta 4.600 m).

O importe de inscrición é de 5 € para a andaina e de 10 € para a carreira. Dos 733 inscritos ata o venres, 216 participarán na carreira de adultos, 119 na carreira infantil e 398 na andaina.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad