Sabela Landín 16/02/2023

Preto de 200 escolares participaron nun programa que se emitiu en directo dende a praza Arquitecto Antonio Palacios

A praza Arquitecto Antonio Palacios converteuse hoxe nun enorme estudio de radio cos nenos e nenas do Porriño aos micrófonos. A concellería de Educación, que dirixe Carolina González, a través da OMIX, conmemorou o Día Internacional da Radio da man SI Radio cun programa en directo no que participaron os centros educativos do municipio.

“Esta actividade ten como finalidade dar a coñecer e achegar aos escolares o mundo da radio como ferramenta educativa cun enorme potencial, que converte ao alumnado en protagonistas activos e entusiastas do seu propio proceso de aprendizaxe”, apuntou a concelleira.  

En total participaron 193 os alumnos e alumnas do CEIP Cruz Budiño, CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, CPR Santo Tomás, CEIP Plurilingüe de Atios, CPR Hermanos Quiroga e Aceesca. Os temas que se trataron foron diversos e atenderon ás propostas e inquedanzas da infancia do Porriño. Falouse de igualdade, de poesía, do entroido e tamén houbo un oco para conmemorar o Día internacional da muller e a nena na ciencia,  reflexionando sobre o coñecido Efecto Matilda e a campaña No More Matildas que pretende denunciar a discriminación sufrida por moitas científicas e investigadoras da historia.

“Hoxe é un día para poñer en valor este medio que, pese aos cambios que se produciron nos últimos anos no acceso á información, mantívose como medio de comunicación pola súa inmediatez, cercanía e pola súa capacidade de chegar a calquera lugar”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A radio é unha ferramenta poderosa e por iso cremos que a mellor forma de reivindicalo é achegándoo aos máis pequenos, permitíndolles expresarse e ser escoitados”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad