Sthela Táboas 19/01/2023

Inicia a nova contratación do servizo de desbroce e limpeza de cunetas e desglosa as accións a realizar pola adxudicataria

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou que na tarde de onte levaríase adiante a aprobación en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación do servizo de limpeza viaria e desbroce de camiños.

A contratación do servizo de sega, desbroce e limpeza de cunetas que afectan ás marxes dos camiños municipais das 10 parroquias do Concello de Mos ten un orzamento base de licitación de 200.000 €. As tarefas a realizar comprenden a limpeza e roza de cunetas, beiravías e noiros ata deixar libre todo o pavimento da calzada, incluíndo o tratamento dos residuos e a retirada a vertedoiros autorizados.

Especificamente o adxudicatario do contrato realizará os seguintes traballos:

.- A limpeza de cunetas e canles nos laterais dos camiños municipais que impiden a normal circulación das augas superficiais e pluviais.

.- A roza dos laterais dos viais ata a altura que requira cada unha das zonas a limpar tendo en conta as súas características específicas.

.- A reposición ao seu estado orixinal nas zonas onde existan cunetas de terra, manualmente ou con maquinaria adecuada.

.- A retirada e limpeza nas cunetas de formigón dos materiais que impidan a evacuación das augas. Ademais do corte de matogueiras e malas herbas, deberá recoller todos os residuos existentes na zona na que se actúe tales como ramallada, plásticos, botes, botellas, etc…

.- Os residuos e maleza xerados pola roza e limpeza retiraranse, como máximo, ao día seguinte e serán depositados en vertedoiros autorizados. Estes vertedoiros serán sempre por conta do propio contratista.

.- Tratamento adecuado da maleza, materiais e residuos que resulten dos traballos que se realicen polo adxudicatario que deberá darlle a cada un dos tipos de residuos o tratamento separado e individualizado que esixe o cumprimento da normativa medio ambiental.

.- A sinalización para a execución dos traballos deberá cumprir estritamente a normativa vixente para este tipo de traballos na vía pública, sendo de conta do adxudicatario o custo de todos os elementos necesarios de sinalización. .- O persoal que deberá ser destinado a tal fin son: 11 operarios a organizar en 3 equipos. E o material necesario: 6 desbrozadoras de man (2 por equipo), 1 camión para transporte do material desbrozado a vertedoiro autorizado, 3 sopradores de mochila (1 por equipo), 3 furgonetas para transporte dos operarios e material necesario para a prestación do servizo (1 por equipo) sinalización vertical e balizamento cumprindo a normativa de seguridade. E unha retro excavadora para limpeza de canles e gavias.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad