A nova adxudicataria está a incumplir o contrato
Representantes das traballadoras reuníronse este luns, 16 de xaneiro, co alcalde para exporlle a súa máis que coñecida situación de explotación e incumprimentos por parte da anterior adxudicataria (SOCISER) e que vai a peor coa nova, ARALIA, dende comezo de ano.
Aínda non dispoñen de EPIS nin uniforme axeitado e suficiente, traballan con unha bata que, cando non está en condicións substitúen con roupa da súa propiedade. Tampouco hai partes de traballo.
Segundo nos traslada a nosa compañeira e presidenta do comité de empresa, Tina Miranda, o alcade cala e dilles que presenten un escrito por rexistro. As queixas deben dirixirse á funcionaria responsable do contrato, que é quen leva o tema. Con relación á remunicipalización do servizo, chama ao secretario municipal alega que estando o contrato vixente non hai nada que facer.
Dende EU SON vemos como o alcalde é incapaz de controlar ás empresas adxudicatarias en xeral e á do SAF en particular. Ten que asumir as súas responsabilidades e non botar balóns fóra. Vai sendo hora de tern unha alcaldía que tome con seriedade a xestión dos servizos públicos.
O caso do SAF era e é o máis lamentable dos exemplos desentendemento dunha competencia municipal. Tense á cidadanía entretida pero non se coida debidamente a dependencia ninguneando ás traballadoras. Esta é a xestión e a importancia que se dá aos coidados e á Igualdade.