Sthela Táboas 19/01/2023

Numerosas entradas de augas pluviais impiden o normal desenvolvemento das actividades deportivas

O Concello do Porriño acometerá nos próximos días os traballos se sustitución da cuberta do pavillón polideportivo do CEIP Plurilingüe de Atios, financiados con fondos municipais que contan cun orzamento de 70.304,65 €.

A consecuencia do deterioro polo paso do tempo, o material que cubre o pavillón non cumpre xa coa súa función de impermeabilización, polo que “estanse a producir entradas de augas pluviais ao interior e o problema agravouse coas choivas do último mes, en grado tal que imposibilita a practica das actividades deportivas, tanto as escolares como outras de carácter municipal”  explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Isto entraña un perigo para os nen@s que fan uso do pavillón e impide o normal desenvolvemento das actividades lectivas.  Por iso acordamos actuar de inmediato”.

Con tal motivo, contratouse polo procedemento de urxencia a renovación de toda a cuberta por unha nova, formada por panel metálico con illamento intermedio e, ademais, instalarase unha nova rede de evacuación, formada por canalóns metálicos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad