Sthela Táboas 11/01/2023

O contrato ten unha duración de 2 anos, prorrogable a outros dous, cun orzamento total para os 4 anos de 1.335.446 €

O Concello do Porriño anuncia a licitación do contrato de desbroces, limpeza e reperfilado de beiravías de todas as parroquias do municipio.

Dende o Concello indican que este servizo “prestábase con contratacións puntuais que non permitían a correcta prestación do servizo e, durante anos se fixo sen contrato nin fiscalización algunha, o que foi obxecto de apertura de causa xudicial que a día de hoxe permanece en fase de instrucción”.

Ata o de agora, tan só o centro urbano e os polígonos residenciais de Torneiros tiñan o servizo contratado, polo que no resto do termo municipal era imposible manter as zonas rurais en bo estado ao ter que facelo cos operarios municipais.

O contrato contempla a roza e limpeza de maleza en camiños municipais, corte de todo tipo de vexetación, poda de árbore ata unha altura máxima de 3 m e limpeza de caños, arquetas etc, entre outros.

A duración do servizo a licitar é de 2 anos, prorrogable 2 máis, e cun orzamento total para os 4 anos de 1. 335.446 €.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, explicou que “ata o de agora, este servizo non estaba a prestarse correctamente ao non estar regularizado; ou se contrataba a maiores ou se executaba con persoal municipal, algo que resulta insuficiente dada a extensión rural do Porriño e a necesidade de limpar de maneira continuada para manter estas zonas en boas condicións”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad