Sthela Táboas 04/01/2023

Sete voluntari@s asistiron a pasada semana á instrución da man de Laura Seara Sobrado

Seguindo co mandato da lexislación específica rexional  e  estatal, incluído o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e no marco do Programa Maruxa Mallo, financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Tui segue apostando pola formación en igualdade.

Neste caso foi dirixida aos compoñentes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, e impartida por Laura Seara, avogada, exdeputada e exsecretaria de Estado.

Foron en total oito horas de formación en igualdade e tamén en materia de violencia de xénero, que contribúen a mellorar tamén a coordinación, reforzando a resposta institucional.

A instrución en materia de igualdade, ademais de como unha ferramenta de coñecemento, afonda nunha maior efectividade nas medidas, programas e accións que se realizan dende as políticas locais, tratando de optimizar os recursos xa existentes, tanto económicos como materiais e humanos.

A concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, participou nesta xornada formativa destacando a importancia “da efectividade de medidas e actuacións en materia de igualdade e violencia de xénero, que se consigue tamén a través da formación”. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad