Sthela Táboas 04/01/2023

Voltou indicar no Pleno que “os contratos están rescindidos” a pesares de disponer dun mes para arranxar o ‘posible erro administrativo’ que faría que na actualidade siga aparecendo o Concello do Porriño como titularidade dun contrato de renting que remata no 2026

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a pesares de ser informado No anterior Pleno Ordinario de novembro, o grupo socialista do Porriño preguntou sobre a información publicada polo noso medio sobre a titularidade do renting que consta na DGT –Dirección General de Tráfico- a nome do Concello, dun vehículo de renting dos que, posteriormente á sesión, publicarían as actas de entrega dos vehículos en cuestión insinuando a falsedade da nosa información.

Dende o noso medio demandamos desculpas públicas ao Concello do Porriño e rexistramos o correspondente escrito manifestando o desacordo coa publicación, tanto na Administración local, coma no Valedor do Pobo e no Defensor del Pueblo; xa que PorriñoDigital demostrou documentalmente que o que se informou é certo.

Pero aínda tendo un mes de tempo até o seguinte Pleno de decembro, Alejandro Lorenzo segue respostando o mesmo que o mes anterior, pois na quenda de rogos e preguntas, a portavoz de EU Son do Porriño, Patricia Sío, preguntou sobre o que acontecía cos contratos de renting recibindo como resposta “reitero unha vez máis que están rescindidos eses dous contratos e punto”. Sío subliñoulle entón “¿quere dicir que o que di a DGT é falso?” zanxando o rexidor “eu non sei o que dice o da DGT, eu estou dicindo que temos unha rescisión de contrato con eses tres coches”.

Na actualidade son cinco os contratos que constan a nome do Concello do Porriño até o 2026, tres Seat Ateca –nun  dos cales entra un novo leaseng o 27/12/2021-, un Renault Megane –cun novo leasing o 24/03/2022- e un Mini Cooper.

O portavoz do BNG do Porriño, Pedro Pereira, tamén preguntou ao alcalde no Pleno se “fixo trámites administrativos para arranxar por qué sigue saíndo o Concello como titular dos renting”  ao que o rexidor lle respostou inicialmente “perfecto”, para continuar engadindo que “o Concello actuou como tiña que actuar e que fixo xestións con Tráfico” ao que Pereira remata insistindo “¿por qué minte nas súas respostas?”.

O PSdeG-PSOE do Porriño tamén solicitou á DGT o pasado 13 de decembro os informes dos vehículos de renting, no que a información da titularidade e a vixencia do renting é a mesma que no solicitado polo noso medio o 1 de decembro; documentos que o concelleiro socialista, David Alonso, lle facilicitou ao concelleiro de Seguridade previamente ao Pleno, como mostra de lealtade institucional. Por iso, coa documentación na man, o concelleiro voltou preguntar na súa quenda polo asunto do renting, pechando a sesión plenaria cunha calada por resposta tras indicar o socialista que “non admitía” que se tache de información falsa cando é unha evidencia constatada.

Tampouco quiso responder sobre a petición de desculpas públicas co noso medio, despois de que a súa responsable de prensa, empregase as redes institucionais coma un xoguete nas mans dun neno pequeño. Tamén deberían ofrecer resposta aos cidadáns sobre o por qué de que se silencien certas partes dos plenos na mediateca.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad