Sthela Táboas 30/12/2022

Este sábado ás 10.30 h darase a salida a esta carreira e ás 12.00 h tomaranse as uvas coas badaladas seguido da continuación actuará BrokenPeach

Tui vai despedir o ano con deporte, solidariedade, badaladas e música en directo na I San Silvestre Solidaria “Correr e Andar” en beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

O sábado a cita comezará ás 10.30 h no Paseo da Corredoira dende onde partirán as 597 persoas inscritas nesta primeira San Silvestre tudense organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui. A acollida a esta carreira popular  con 443 persoas adultas inscritas e 154 nen@s superou todas as expectativas da organización. Realizarase un percorrido urbano moi sinxelo de 4 km polo conxunto histórico e a beira do Miño, no que as persoas participantes poderán ir correndo ou andando até regresar ao Paseo da Corredoira, como agasallo recibirán unha camiseta conmemorativa.

A festa continuará con chocolatada con rosca e ás 12.00 h ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada tomaranse as 12 uvas, seguida de música en directo a cargo de Broken Peach, o grupo vigués presentará o seu espectáculo de Nadal no que interpretarán versións de temas tan coñecidos como Let It Snow, Santa Claus Is Coming To Town, Jingle Bell Rock, Rockin’ Around The Christmas Tree ou All I Want For Christmas Is You co seu característico son.   

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad