Seis agrupacións corais de Tui e Valença actuarán sábado e domingo no programa “Corais na rúa”
Esta fin de semana a música coral será protagonista na Eurocidade Tui-Valença coa actuación seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa”. Serán as corais valencianas São Teotónio e Verdoejo e o Coro Infantil 1º Grau da Academia da Música da Fortaleza de Valença, e as tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo as que actuarán na praza da República de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui tanto o sábado 10 e coma o domingo11.
Así o sábado 10 na praza da República de Valença actuarán ás 16 hora española a Coral São Teotónio, ás 17 h Coro de Verdoejo, e ás 18 h a Coral San Telmo. Mentres no Paseo da Corredoira poderase escoitar ás 18 hora española a Coral de São Teotónio, ás 19 h o Coro de Verdoejo e ás 20 h a Coral San Telmo.
Mentres o domingo 11 a Coral Centro Sociocomunitario actuará ás 12 h na Praça da República e ás 13.30 h no Paseo da Corredoira. Xa pola tarde ás 16 h o Coro Infantil 1º Grau da Academia da Música da Fortaleza de Valença estará na Praça da República, e unha hora despois, ás 17 h, no mesmo lugar estará a Coral Ponte das Febres. Estas dúas agrupacións volverán actuar ás 18 h e ás 19 h, respectivamente no Paseo da Corredoira en Tui.
CORAIS NA RÚA
- Sábado 10
- na praza da República
- As 16 h ES – Coral São Teotónio
- As 17 h ES – Coro Verdoejo
- AS 18 h ES – Coral San Telmo
- No Paseo da Corredoira
- As 18 h ES – Coral São Teotónio
- As 19 h ES – Coro Verdoejo
- AS 20 h ES – Coral San Telmo
- Domingo 11
- As 12 h ES na Praça da República Coral Centro Sociocomunitario
- As 13.30 h ES No Paseo da Corredoira Coral do Centro Sociocomunitario
- As 16.00 h ES na Praça da República Coro Infantil 1º Grau AMFV
- As 17.00 h ES na Praça da República Coral Ponte das Febres
- As 18.00 h no Paseo da Corredoira Coro Infantil 1º Grau AMFV
- As 19.00 h no Paseo da Corredoira Coral Ponte das Febres