Xa se pode desfrutar no Xardín Municipal de Valença de este espazo máxico para os máis cativos, que permanecerá aberto ao público ate o 18 de decembro
Entre o 6 e o 18 de decembro, o Xardín Municipal de Valença acolle Duendelandia, unha oportunidade de coñecer este mundo encantado e cheo de aventuras para os máis pequenos.
Aquí os nenos poden divertirse cos cadros e personaxes do Nadal que enchen de ledicia o Xardín Municipal de Valença: a casa do Papá Noel, Papá Noel e Mamá Noel, os renos, os duendes; así como a pista de xeo, a ruta de Duendaventura ou obradoiros de pintar caras e redacción da carta a Papá Noel, adornado de moita alegría e diversión.
Do 1 de decembro ao 6 de xaneiro, Valença celebra este Nadal con moitas luces, música e unha programación cultural con moita animación para todos os públicos: Acendido das luces; Fortaleza de Chocolate; compras no Comercio Local; neve na Praza; Elfland; mercado, concertos e obradoiros de Nadal; Exposición Colectiva de Beléns; concertos dos Grupos Corais da Eurocidade; o Concerto de Nadal da Eurocidade e a Festa de Fin de Ano, son algunhas das actividades que fan de Valença un lugar máxico que promete deleitar a grandes e pequenos.