Celebraranse na Sala Félix Rodríguez entre ás 10 e ás 14 h. Serán clausuradas pola concelleira de Igualdade Ana Núñez, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva
A Sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez acolle este sábado, 3 de decembro, dende ás 10 h as II Xornadas Técnicas de Igualdade e Comunicación. Con esta actividade forma parte do programa organizado dende o concello de Tui con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, e do programa Maruxa Mallo.
O obxectivo destas xornada, cuxa primeira edición se celebrou en 2021, é traballar e analizar cos e coas profesionais os obstáculos no traballo diario para á hora de informar, así coma dar conta das boas prácticas informativas en material de violencia de xénero. Todo isto tendo en conta ao destacado papel que os medios de comunicación e os contidos audiovisuais teñen na configuración e interiorización das desigualdades e o sexismo.
Estas xornadas están dirixidas a profesionais da comunicación, a publicidade e o audiovisual, colexio profesionais, así como a entidades sociais e a toda a poboación en xeral.
O sábado ás 10 h terá lugar a benvida aos e ás participantes, para dar paso a continuación a Ángela González Montes, experta en comunicación, administradora civil do Estado, e na actualidade responsable de comunicación do Plan de Recuperación no Ministerio de Hacienda y Función Pública que abordará “Comunicación en igualdade dende as institucións. Boas prácticas”.
Ás 11.00 h José Font, director da Radio Municipal de Tui será o encargado de presentar á xornalista Aida Pena, actual directora de informativos da Cadena Ser en Galicia e condutora de Hora 14 e La Ventana en Galicia, que falará de “As periodistas: presencia e retos”.
Tras un descanso Laura Seara, directora de Red Talento presentará a Montse Boix. xornalista de RTVE, e dende agosto deste ano delegada de Igualdade, Diversidade e Inclusión de RTVE, na Secretaría Xeral de RTVE e editora de igualdade. O tema a abordar será “Axenda global das mulleres nos medios de comunicación”.
A presentación das conclusións e clausura da Xornada está prevista para ás 13.00 h a cargo da concelleira de Igualdade do Concello de Tui, Ana Núñez, e da presidenta da Deputación, Carmela Silva.
A participación nas xornadas é de balde pero recoméndase a confirmación de asistencia no correo igualdade@tui.gal ou no móbil: 666 909 303.
Programa II Xornadas Técnicas de Igualdade e Comunicación
Sábado, 3 de decembro, na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez
- 10:00 h. Benvida ás e ós participantes.
- 10:15 h. “Comunicación en igualdade dende as institucións. Boas prácticas”.
- Ángela González Montes. Administradora Civil do Estado experta en comunicación.
- Presenta e modera: Beti Rey. Locutora na Radio Municipal de Tui
- 11:00 h. “As periodistas: presencia e retos”.
- Aida Pena. Xornalista da Cadena SER Galicia.
- Presenta e modera: José Font. Director da Radio Municipal de Tui.
- 11:45 h. Café
- 12:15 h. “Axenda global das mulleres nos medios de comunicación”.
- Montse Boix. Xornalista de RTVE.
- Presenta e modera: Laura Seara. Directora de Red Talento.
- 13:00 h. Conclusións e clausura.
- Ana Núñez. Concelleira de Igualdade de Tui.
- Carmela Silva. Presidenta da Deputación de Pontevedra
Prégase confirmación de asistencia a través de: igualdade@tui.gal ou no móbil: 666 909 303