Sthela Táboas 26/11/2022

A transformación chega ao comercio local salcedense coa modernización, sustentabilidade e transformación dixital a través deste programa da Deputación

O comercio local de Salceda de Caselas beneficiado polas actuacións do programa Da Túa Man, posto en marcha con fondos europeos a través da sinatura dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra.

Dito programa, solicitado pola concellería de Comercio, que dirixe a propia alcaldesa Verónica Tourón, conta cun orzamento de 93.139,87 €, dos cales o concello de Salceda aporta 11.546,27 €.

As actuacións recollidas teñen como obxectivo fundamental  dinamizar o comercio local, na liña de potenciar as iniciativas que se veñen levando a cabo pola asociación de comerciantes ACISA e o concello, introducindo cambios que provoquen a modernización, sustentabilidade e transformación dixital dos negocios comerciais locais, colocando a veciñanza como a verdadeira protagonista deste impulso comercial que se pretende acadar a través do programa.

O comercio local poderá transformarse dixitalmente coas actuacións de creación dun portal web único, campañas de comunicación, puntos de información e sensibilización sobre o tratamento de residuos, packing (empaquetado e embalaxe) sostible e aplicacións que faciliten a oferta comercial

No tocante ao aspecto sostible, relacionado co fomento da economía circular no comercio local,  algunhas das actuacións iran encamiñadas a establecer sistemas de recollida  de pedidos de xeito colaborativo, deseños de packaging reutilizable ou o subministro e instalación de illas ecolóxicas modulares para o depósito e tratamento de residuos.

As persoas propietarias e traballadoras dos comercios de Salceda tamén poderán adquirir formación que lles axude a coñecer e superar os retos da transformación dixital e como poden sacarlle o maior partido para o crecemento dos seus negocios.

A alcaldesa e concelleira de Comercio, Verónica Tourón, resalta que “resulta fundamental colaborar co comercio de proximidade para facilitarlle a adaptación aos novos retos da transformación, facendo da nosa vila un espazo comercial  de referencia na nosa comarca”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad