Sthela Táboas 17/11/2022

Desenvólvese en nove parroquias de Tui en colaboración con AFAGA e está dirixido a persoas maiores de 55 anos

Gran acollida novamente nesta tempada ao programa Cultiva a Mente posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia.

Este ano o programa estendeuse a un total de 9, das 11 parroquias tudenses, nas que 134 persoas traballan semanalmente en activar a memoria e reciben consellos saudables para o cerebro; ao mesmo tempo foméntase a socialización entre as persoas maiores de 55 anos que participan nesta actividade, que se prolongará até xuño de 2023. En boa parte dos grupos hai lista de agarda.  Desenvólvese en Areas, Caldelas, Guillarei, Malvas, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe,  Rebordáns, Ribadelouro.

“Cultiva a Mente” púxose en marcha en 2019 desenvolvéndose inicialmente en cinco parroquias, e este ano ante a demanda rexistrada chega a nove centro culturais. O obxectivo do concello de Tui era poder prestar descentralizadamente a atención psicosocial, podendo achegar estes servizos tamén ás parroquias.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad