Sthela Táboas 09/11/2022

Son un total de 14 alumnos os que cursan esta modalidade ofertada por primeira vez en Galicia

O Centro Tecnolóxico do Granito acolleu onte unha reunión de traballo entre o Concello do Porriño, a Xunta de Galicia, o IES Ribeira do Louro e o Clúster do Granito para valorar e tratar posibles melloras no recén implementado ciclo de grao medio de Pedra natural na modalidade Dual, que se desenvolve no instituto porriñés.

Na mesma participaron o Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, acompañado por persoal técnico,  o coordinador do Consello Directivo da FCTG, José Ángel Lorenzo, a concelleira de Educación, Carolina González, e a directora do IES Ribeira do Louro, Juana Muñoz.

Neste primeiro curso están matriculados 14 alumn@s, que se forman na modalidade dual dentro da familia profesional das Industrias Extractivas, dando resposta ás necesidades de formación de novos profesionais trasmitidas polo Cluster do Granito.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad