Sthela Táboas 08/11/2022

O rotulado do nome da instalación e o pintado exterior sumáronse as reformas realizadas nos vestiarios, no chan de madeira, no panelado e pintado das paredes interiores, e á instalación dun portalón de acceso directo á pista

Co remate a pasada semana dos traballos de mantemento do pavillón deportivo municipal vello, o Concello de Tui a través da Concellería de Deportes, continúa co obxectivo marcado ao inicio deste mandato de “poñer as instalacións deportivas municipais á altura dos deportistas e clubs deportivos que as utilizan” tal e coma sinalaba o concelleiro Rafael Estévez.

A colocación do rotulado do nome da instalación culminou a semana pasada estes labores, nos que tamén se procedeu ao pintado exterior durante os meses de setembro e outubro; actuacións ás que se suman a reforma dos vestiarios da instalación, realizadas con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Amais, con fondos propios, o Concellobacometeu o lixado, vernizado e remarcaxe das liñas da pista de madeira, o pintado das paredes interiores, o panelado das paredes con madeira e a instalación dun portalón de acceso directo á pista deportiva a finais do ano pasado. Tras a limpeza das paredes exteriores, a finais deste verán iniciouse o pintado exterior da instalación, rematando coa rotulación do frontal co nome do pavillón. Todas estas actuacións supuxeron un investimento preto aos 80.000 €.

Este pavillón municipal é utilizado en horario matinal polos CEIP’s Nº1 e Nº2 de Tui, coas clases de educación física dos nen@s de Infantil e Primaria. Polas tardes son o Club Baloncesto Tui e A Quinta de Tui Fútbol Sala, os que empregan as instalacións para os adestramentos dos seus respectivos equipos, así como para os partidos federados nas fins de semana. Tras estas obras no pavillón deportivo municipal vello e a reforma integral do Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez”, a concellería de Deportes do Concello de Tui acometerá en próximas datas, con fondos propios, varias melloras nas pistas de tenis de Areas,  así comoa construción de novos vestiarios no pavillón do CEIP de Guillarei e a reforma do tellado da grada do Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2023.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad