Sabela Landín 08/11/2022

O vindeiro xoves, 10 de novembro, aprobarase en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza, conservación e mantemento das zonas verdes, parques, xardíns e arbolado do Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Servizos, Baldomero Lorenzo, informaron de que o vindeiro xoves, 10 de novembro, aprobarase en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza, conservación e mantemento das zonas verdes, parques, xardíns e arbolado do Concello de Mos.

O importe mensual do contrato incrementarase nun 33% respecto do contrato en vigor, pola inclusión de melloras, entre as que se atopan novas zonas de actuación, e pola actualización dos prezos.

O orzamento base de licitación anual do novo contrato ascende a 105.000 €/ano (IVE incluído) e o presuposto base de licitación total (incluída a prórroga) ascende a 210.000,00 € (IVE incluído). O prazo de duración do contrato é de un (1) ano. Dito prazo poderá ser prorrogado un ano máis. A duración total do contrato, incluída a prórroga, non poderá exceder de dous (2) anos.

En total o contrato inclúe o mantemento de 57 zonas verdes distrubuídas polas 10 parroquias mosenses, entre as que se inclúen 2 zonas novas a maiores respecto do contrato anterior, que son: a zona verde na contorna do skatepark en San Rafael, parroquia de Pereiras, e as árbores existentes en ambas marxes da estrada Puxeiros-Peinador.

O novo contrato inclúe o conxunto de tarefas administrativas, operación precisas e infraestrutura necesaria para proceder a unha limpeza, conservación e mantemento suficiente de todos os elementos das zonas verdes, parques, xardíns e arbolado. Tamén se inclúe no presente contrato o mantemento dos sistemas de rego automático instalados en ditas zonas e aqueles que durante a vixencia do contrato se executen de novo. O nivel de prestación dos servizos será tal que o estado de ditas zonas verdes se atopen en todo momento dentro duns parámetros de calidade óptimos para o gozo dos cidadáns.

Os elementos a conservar nos espazos verdes son aqueles que poidan considerarse como principais (céspede, árbores, arbustos, terrazos, etc), ademais de todos os que formando parte da zona verde, interacionen de algunha forma cos primeiros, e inflúan directa ou indirectamente no seu estado. En consecuencia, os elementos que se inclúen no presente contrato serán: praderías de céspede, árbores, arbustos, pavimentos terrizos e outros, setos, macizos de flor, macizos arbustivos, redes de rego e mecanismos eléctricos das redes de rego (das actuais e das futuras).

As tarefas que a empresa concesionaria deberá levar a cabo son: Programa de Rego anual, Programa de sega anual, Recorte e poda de arbustos e setos, Aireación e escarificado, Programa de Resembra anual, Escarda: Terá como finalidade a eliminación de malas herbas, Entrecavado e rastrillado, Limpeza e adecentamento, Abonados e achegues de substrato, Programa de Tratamentos Fitosanitarios, Perfilado. Ademais dun Plan anual de plantacións con Labores de reposición: Estes labores consistirán na substitución ou renovación das plantas permanentes ou de tempada, arbustos, árbores, zonas de céspedes, etc… que houbesen perdido ou minguado considerablemente as súas características ornamentais, ou ben, que o seu precario estado botánico faga prever tal situación para un futuro próximo.E tamén un Programa de poda anual, Conservación dos sistemas de rego automático; e Actuación nos cemiterios municipais para que estean en perfecto estado nas épocas de maior afluencia de persoas: Día de Todos os Santos (1 novembro), Nadal e Semana Santa.

A empresa adxudicataria deberá dispor dos medios humanos e do persoal preciso en cada momento e época do ano para a boa execución das tarefas de conservación; non obstante estará obrigado a manter un persoal mínimo.

O adxudicatario do presente contrato deberá por a disposición do servizo, a súa conta e cargo, toda a maquinaria, ferramentas, material auxiliar e útiles, sexa en réxime de aluguer ou de propiedade, precisos para a correcta execución dos traballos.

A empresa disporá de sistemas de xestión ambiental e de calidade para que o servizo prestado desenvolva e implemente uns obxectivos medioambientais. Entre ditos sistemas deberán constar o Emprego de plantas con baixos requerimentos hídricos, o Emprego de maquinaria de alto rendemento e recicladora, a Xestión eficiente do rego e a Xestión de residuos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad