Sthela Táboas 08/11/2022

Trátase dun recoñecemento polo seu voluntariado de máis de 25 anos na agrupación local

Tres membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recibiron o pasado sábado na Estrada, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o distintivo de  permanencia de Protección Civil.

Trátase de José Pérez Alonso, Adolfo Pérez Paramos e Nicolás Martínez Pazos, que levan 32 anos formando parte da agrupación tudense. Eles foron 3 dos 57 voluntari@s de agrupacións de toda Galicia, que recibiron este recoñecemento por levar máis de 25 anos formando parte de Protección Civil.

Dende o Concello de Tui felicítase a estes tres voluntarios polo recoñecemento, ao tempo que se lles amosa o agradecemento, tanto a eles coma ao conxunto de persoas que integran a agrupación municipal, polo traballo desinteresado e altruísta que levan a cabo ao longo do ano actuando tanto en caso de accidentes ou incidencias, coma colaboración con diversos eventos deportivos, culturais ou sociais. Destácase amais o seu esforzo tanto na súa actuación nestas ocasións coma na formación continúa que levan a cabo ao longo do ano realizando diferentes cursos de especialización. 

O alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e o de Medio Ambiente, Ismael Diz, acompañaron aos voluntarios tudenses na entrega deste recoñecemento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad