Sthela Táboas 18/10/2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director de Galaxia, Francisco Castro, presentarán a  Escola este xoves na Frankfurter Buchmesse na que se darán cita ata o domingo escritor@s, historiador@s, activistas, editor@s, deseñador@s e artistas de todo o mundo

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, única en Galicia e pioneira no Estado, dá o salto internacional e desembarcou onte na 74ª edición da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, “Frankfurter Buchmesse”, a maior feira do libro do mundo, onde será presentada a autor@s, axencias literarias e institucións de todo o planeta.

A presidenta provincial, Carmela Silva, o director de Galaxia, Francisco Castro, e a escritora e docente do claustro da Escola, Inma López Silva, serán as persoas encargadas de dar a coñecer a iniciativa este xoves 20 de outubro ante o público presente no encontro no que se darán cita ata o domingo escritor@s, historiador@s, activistas, editor@s, deseñador@se artistas de todo o mundo.

Antes da presentación, a delegación da Deputación e Galaxia manterá unha completa axenda de actividades na cidade alemá que comezou onte á tarde, ás 19.30 h, coa asistencia á recepción que ofrecen os Reis de España ao presidente da República Alemá en Frankfurt, xa que este ano España é o país convidado de honra e protagonista da 74ª edición da “Frankfurter Buchmesse”. Hoxe 19 de outubro ás 18.00 h, terá lugar un encontro coa Directora Xeral do Libro e Fomento da Lectura, María José Gálvez.

O acto principal en Frankfurt terá lugar o xoves, 20 de outubro ás 10.00 h no stand D4 do Hall 4.1 da feira, coa presentación da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia baixo o título “Ensinar a escribir. A Escola de Letras de Pontevedra”. “Trátase dun feito inigualable para a provincia como referente cultural –asegurou Carmela Silva- xa que imos estar presentes no centro de Europa, na capital mundial da escrita, dando a coñecer a Escola de Letras, o potentísimo proxecto que temos en marcha coa Editorial Galaxia, único a nivel estatal”.

Na presentación daranse a coñecer as principais liñas da Escola de Letras, os seus propósitos e o público obxectivo ao que vai dirixida. Explicarase o proceso dun exemplo educativo aberto ao público con entrada gratuíta e un espazo no que a cidadanía interesada na escrita recibe formación para poder contar “as súas propias historias” a través de obradoiros, en pequeno formato, e outras actividades dirixidas por profesionais da literatura que exercen de guías e mestres.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad