O donativo será investido en servizos e programas que faciliten a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade na provincia de Pontevedra.
O presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra (COGAMI Pontevedra), Ángel Holguera, recibiu un donativo da man do director de CaixaBank de Mos, Francisco Javier Escáneo, para investir no proxecto de Atención Integral a Persoas con Discapacidade na provincia de Pontevedra.
Cun importe de 5.000 euros, este orzamento vai ser investido en servizos de rehabilitación da linguaxe, onde se realizan intervencións individualizadas presenciais en entidades e domicilios de persoas usuarias e tamén intervencións online a través de conexións de videochamadas con persoas usuarias do servizo.
Outros servizos que presta a Federación COGAMI Pontevedra a través do proxecto de Atención Integral son o de informar e asesorar a persoas con discapacidade e familias, realizar sensibilización social e intervención individualizada, así como ofrecer apoio para a xestión e acceso a subvencións públicas que posibiliten a súa autonomía a aquelas entidades membro con poucos recursos e sen persoal especializado. A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física de Pontevedra constitúese legalmente o 3 de marzo de 1989. Actualmente está conformada por 17 asociacións membro de persoas con discapacidade e conta con 3.200 persoas beneficiarias dos servizos que presta este movemento asociativo en toda a provincia