Sthela Táboas 15/10/2022

No Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar, Instructores sanitarios do Hospital Álvaro Cunqueiro e da Guardia Civil ofreceron nocións básicas de RCP ao persoal do Concello

Este venres, con motivo da celebración do “Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar” baixo o lema “Aumentar a supervivencia da parada cardíaca é posible”, o servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro organizou unha actividade informativa dirixida aos traballadores municipais, co obxectivo de sensibilizalos da relevancia e repercusións da morte súbita cardíaca e formalos nas técnicas básicas de RCP.

Estas manobras constitúen unha parte fundamental da cadea de supervivencia, da que ademais forman parte a activación inmediata do sistema de emerxencias, a través das urxencias sanitarias Galicia-061, a masaxe cardíaca de calidade e a desfibrilación precoz.

Persoal de todos os departamentos municipais, incluído o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, participaron nos talleres impartidos nas dependencias da Policía Local. O rexidor agradeceu ao persoal sanitario a súa disposición, anunciando que dada a importancia de ter persoal formado nos espazos públicos, extenderá esta actividade “a todos os centros culturais das parroquias, clubes deportivos e centros educativos”.

A Fundación Española do Corazón recoñece que preto de 130.000 persoas morren anualmente no noso país debido a enfermidades cardiovasculares, o que as confirman como a principal causa de mortalidade. A maioría das mortes evitables causadas por factores cardiovasculares acontecen fora dos centros hospitalarios, por iso a inclusión de desfibriladores nos centros e espacios laborais resultan fundamentais para garantir unha intervención rápida e eficaz.

Saber recoñecer os sinais dunha parada cardiorespiratoria e as técnicas de reanimación cardiopulmonar básica, logran duplicar as posiblidades de supervivencia do doente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad