Sthela Táboas 03/10/2022

Un total de 20 desempregados formaranse no ámbito Forestal e de Xardinería durante 12 meses

Hoxe daba comezo en Salvaterra de Miño o Obradoiro dual de Emprego para o ano 2022/2023, que conta cunha financiación de máis de 500.000€.

Salvaterra Emprega II é unha clara aposta do grupo de Goberno pola formación, que se enmarca dentro das políticas activas de emprego que está realizando o Concello e que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización dun traballo efectivo, que xunto coa formación profesional para o emprego recibida e relacionada directamente co traballo, procura a súa cualificación profesional e favorece a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Salvaterra Emprega II terá unha duración prevista de 12 meses, onde se pretende formar a 20 persoas desempregadas nas especialidades formativas no ámbito Forestal e de Xardinería. Con este obradoiro o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en sí.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad