Como dende hai xa case cinco anos, continúan as concentracións mensuais no Porriño en defensa da Atención Primaria.
• Este xoves 29 de setembro ás 20.00 h. estaremos diante do Centro de Saúde e convidamos a toda a veciñanza a seguir nesta loita na defensa da Atención Primaria.
Tamén seguimos coa recollida de sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Sanidade Pública de Galicia de propostas urxentes de recuperación e mellora da Atención Primaria.