Sthela Táboas 20/09/2022

Trátase dun Obradoiro de Emprego da Xunta de Galicia onde @s alumn@s traballarán na reforma de instalacións educativas de Salceda, revertindo no benestar da veciñanza

A alcaldesa e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón,  presentou onte no CDL do Torrón, o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda”; acompañada da Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, e da directora do obradoiro e que conduciu o acto,  María Isabel Outerelo.

O alumnado-traballador seleccionouse a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia, e tras superar as probas dun tribunal avaliador segundo as bases aprobadas,  será empregado a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

O obradoiro formará e empregará a 20 persoas que traballarán reformando e rehabilitando a Casa do Mestre anexa a aula de San Xurxo, o tellado da aula de Picoña, ambas pertencentes ao CRA Raiña Aragonta, e no acondicionando dun espazo municipal para o almacenamento selectivo de refugallos.

Para levar a cabo o proxecto contratouse persoal directivo, docente e de apoio, que xestionará e executará o proxecto dende o propio CDL O Torrón en Salceda, onde se desenrolará a parte formativa. Esta complementarase coa alternancia de traballo e práctica profesional no Concello de Salceda, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

Marta Mariño salientou que, dende a Xunta de Galicia, sempre se apostará polos obradoiros de emprego como ferramentas para combinar de forma axeitada a formación teórica e a práctica, e obter bos resultados para mellorar a capacidade de inserción laboral do alumnado-traballador participante.

Verónica Tourón alcaldesa manifestou que “para o concello de Salceda o Obradoiro de Emprego non so é importante porque o alumnado traballador que participa no mesmo obterá unha formación teórica e práctica certificada profesionalmente, senón porque o seu traballo redundará, como noutros obradoiros anteriores, no benestar da veciñanza de Salceda, xa que suporá a rehabilitación de instalacións educativas moi importantes para o noso Concello”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad