Sthela Táboas 17/09/2022

Baixo o slogan “Polícia municipal ou máfia local?” todo apunta a unha vindeira concentración potestativa da plataforma

O Comité Antifascista da Louriña “ven denunciando dende hai un ano, perante as inumerables queixas e protestas, a necesidade de depurar a certos integrantes da Policía Local por realizar prácticas racistas, xenófobas, abusivas e prepotentes contra a vixiancia do Porriño”.

Explican que “cada semana que pasa, voltan a ser noticia por condutas irresponsables. O exemplo que protagonizaron a finais do mes de agosto, cando o xefe da Polícia Local, Daniel Rodríguez, iniciou una carreira polo centro da vila ponñendo en risco a integridade dos veciños, acabando co carro policial que conducía, emborcado, con as catro rodas no aire, e sen unha xustificación que avalara tal comportamento”.

Aínda que recoñecen que ante una emerxencia debe actuarse con prontitude “require valorar os riscos e perigos e á vista dos feitos podemos afirmar que, a preparación para estas circunstancias por parte dos axentes, é pouca ou nula. Semella máis que esten aboados a “Netflix”, que a cursos de valoración de riscos para situacións de perigo”.

Pero ademáis “non remataran os ecos desta última ‘faena’, é aos poucos días, o mesmo protagonista encabezou outro escándalo, polo cal foi denunciado e multado, cando a bordo do seu iate celebrando una festa, incomodou e perturbou àspersoas que estaban na praia do parque natural das Ilhas Cíes”.

“Que o xefe da Polícia Local sexa denunciado por actos como este, cando no cargo que ocupa debe ser educado, cívico, e responsable, amosa a prepotencia e o intocable que se cree” indica a plataforma, facendo a comparativa “imaxinade que un inspector de traballo tivese unha empresa con traballadores sin contrato, ou que un inspector de facenda posúa contas en paraísos fiscais?”.

Recalcan que “por moito que tenten facer un lavado de imaxe a conta de asistir a unha persoa infartada ou como xa teñen feito en casos semellantes, debemos lembrar que ese debería ser o traballo das forzas policiais. Hai persoas que salvan vidas diariamente sin esperar medallas ou portadas de noticiarios”.

Este comité lanza una serie de preguntas: “¿cómo un jefe de Polícia Local pode permitirse ter un iate cos seus ingressos? Por qué hai miedo en la corporación municipal à hora de actuar contra estes individuos e contra as prácticas deleznables que realizan? Qué información manexan para que tanto BNG, como PSOE e PP, no tomen as medidas adecuadas?

Sobre a plantilla da Policía Local do Porriño “somos conscientes de que os elementos reaccionarios que realizan este tipo de práticas, contan coa permisibilidade dos demais axentes que integran o corpo. O problema non é somentes dalgunhas mazás podres”.

O Comité Antifascista da Louriña continuará “esixindo que se faga umha ‘limpeza’ no corpo da Polícia Local e se expulse a esta banda de energúmenos. Eis o caso recente de Dani Rodríguez, ou o do racista que detivo no mes de maio de 2021, a un veciño de maneira abusiva e sen xustificación”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad