Sabela Landín 17/09/2022

Participa na recollida de sinaturas con mesas na rúa e leva o tema ao Pleno.

EU SON continúa no Porriño coa loita de case xa cinco anos en defensa da sanidade pública. Apoia a iniciativa lexislativa popular promovida pola Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA GALICIA, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas que pretende que o Parlamento Galego debata e aprobe medidas como:

  • Establecer a atención presencial ao paciente como regra xeral para as consultas médicas.
  • Fixar uns mínimos, na dispoñibilidade de centros e persoal por habitante, para salvagardar a calidade da atención aos pacientes.
  • Acabar coa inestabilidade e precariedade do persoal e realizar, como mínimo, unha convocatoria anual de prazas.
  • Reabrir as consultas, Centros de Saúde e PAC de Urxencias pechados os últimos anos.
  • Incrementar o persoal médico, de enfermaría, administrativo dos centros de saúde e redimensionar os seus cadros de persoal, incorporando novas categorías profesionais aos equipos como psicoloxía, fisioterapia, atención temperá, logopedia, etc., para desmedicalizar a atención e ofrecer unha asistencia integrada.
  • Recuperar as Xerencias de Atención Primaria para dotala de capacidade de planificación e autoxestión e acabar co seu sometemento aos hospitais. Que sexan o elemento esencial para organizar e integrar a Atención Primaria cos hospitais, saúde pública, asistencia social e atención á dependencia.
  • Desenvolver as conclusións do Consello Técnico de Saúde de Galicia.
  • Poñer en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os de Área Sanitaria, para que a poboación teña capacidade real de planificar, decidir e avaliar a actividade dos centros.
    • Instalaranse mesas de información e recollida de sinaturas do 19 ao 23 de setembro: no centro de saúde de 11.00 a 13.00 h. e na rúa Ramón Gonzálezl de 18.00 a 20.00 h. Asemade vén de rexistrar unha moción para o vindeiro Pleno ordinario que somete ao acordo da Corporación: apoiar a Iniciativa Lexislativa e colaborar na recollida de sinaturas e nas mobilizacións e actividades informativas para ter unha Atención Primaria de Calidade.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad