90 galardoados de distintas disciplinas deportivas foron homenaxeados onte no Multiusos das Pozas
Todos os clubes e deportistas individuais mosenses, con logros deportivos durante os últimos 4 anos, foron homenaxeados onte, 13 de xuño e Día da Rosa, ás 20.00 h no Multiusos das Pozas, no acto titulado Xoga Mos c@s Mellores.
Un total de 90 galardoados, xunto as 4 mencións especiais, acompañados de familiares e amigos, encheron o auditorio. Houbo deportistas e clubes das disciplinas máis variadas e variopintas, desde o coñecido como deporte rei, o fútbol, ata os máis exóticos como a capoeira; que xunto os mentados Florentino Soliño Rodríguez -que leva máis de 50 anos na directiva do Alerta Club de Fútbol-, ou os atletas Alejandro de Miguel e Alberto Costas, coaa homenaxe póstuma ao gran Alejandro Gómez -para a que estivo presente a súa muller, Paula Hernández-.
E é que Mos conta con campións das disciplinas deportivas máis variadas, “Mos é terra de deporte con maiúscula. De deportistas de primeiro nivel”, aseguran a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, José Areal.
Mos atópase moi ben situado no mapa deportivo, con campións de todas as idades, desde a categoría biberón do Club Louro Tameiga e Unión Deportiva Mos, ata a gran Celia Iglesias, nadadora do Club Natación Mos con máis de 90 anos.
Tamén conta con auténticos campións referentes a nivel mundial, que a súa vez poñen nome aos pavillóns deportivos municipais mosenses: Óscar Pereiro, Patricia Martínez e Soledad Castro.
Grandes mulleres deportistas que triunfan en disciplinas nas que habitualmente destacan os homes: Susana Alonso Carballo en bicicleta de montaña, e Verónica Romero en alpinismo, expedicións polares e atletismo de alto rendemento.
Deste xeito, o deporte mosense puso o broche de ouro ao Día da Rosa.
Os galardoados foron:
Xes Argüelles Presa – Tiro con arco.
Nadia Bouzas – Taewondo.
CD Taekwondo Zusanli– Taewondo.
Sara Vieitez Mariño – Kickboxing.
Laura Fernández Castro – Kickboxing.
Alex Manuel Castro – Kickboxing.
Arturo Martín Seminario Wunder – Capoeira.
Yara Iglesias – Hípica.
Lara Pereira – Hípica.
Saray Piñeiro Giraldo – Hípica.
Mencía Domínguez Rodríguez – Hípica.
Antía Domínguez Rodríguez – Hípica.
Escola de Equitación San Cosme-Club Hípico Alazán.
José Lorenzo e Yeray Lorenzo – Motonáutica.
Bryan Barreiro Rivero – Motociclismo.
Manuel Sío Pazó – Karting.
Club Tenis de Mesa Mos – Tenis de Mesa.
Club de Patinaxe Xiramos – Patinaxe Artística.
Club de Patinaxe Rosaleira – Patinaxe Artística.
Heber Rodríguez Vaquero – Triatlón Indoor (Deporte Adaptado).
Club Xadrez Mos – Xadrez.
Óscar Pereiro – Ciclismo.
Susana Alonso Carballo – Ciclismo.
Marcelino Giráldez – Ciclismo.
Patricia Martínez – Baile Deportivo.
As Meninas – Danza Coreográfica.
Rubén Cabaleiro – Ballet.
Club Natación Mos – Natación.
Soledad Castro Soliño – Atletismo.
Verónica Romero – Atletismo e Alpinismo.
Club Deportivo EVD Galicia – Atletismo Adaptado.
Sarai Sanmartín – Balonmán.
Brais Méndez – Fútbol.
Rubén Blanco – Fútbol.
Germán Alonso Lourido – Fútbol.
Bryan Bugarín – Fútbol.
Club Louro Tameiga– Fútbol.
Unión Deportiva Mos – Fútbol.
Florentino Soliño Rodríguez – Mención Especial (máis de 50 anos na directiva do Alerta Club de Fútbol).
Alejandro de Miguel – Mención Especial (Atletismo).
Alberto Costas – Mención Especial (Atletismo).
Alejandro Gómez – Mención Especial Homenaxe Póstuma (Atletismo).