Sthela Táboas 16/03/2022

Recén entregado e financiado a través do Plan Concellos 2021 da Deputación, o novo vehículo de servizos municipais ten una capacidade de 11 m3

O Concello de Salaterra de Miño ven de recibir un novo camión de lixo, adquirido polo municipio por máis de 140.000 € e financiado a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra. 

Trátase dun vehículo compactador de RSU de 11 m3, ampliando a capacidade de recollida considerablemente, e que conta con moitas melloras que facilitarán o traballo dos operarios, conseguindo así máis axilidade.

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel explica que “o incremento de poboación, tanto no centro urbano como nas parroquias, trae consigo tamén un incremento na xeración de residuos orgánicos o que, engadido a avanzada idade dun dos camións de lixo cos que conta o Concello, fai preciso que a diario se mobilicen os dous vehículos.

Satisfeita coa incorporación deste vehículo ao parque móbil municipal, conclué que “facía falta unha renovación co fin de mellorar o servicio ofrecido, de forma que se optimice o máis eficiente posible, a recollida de residuos sólidos urbanos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad