Sthela Táboas 16/03/2022

A cita deportiva terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro o vindeiro sábado e durante todo o día

O Pavillón Óscar Pereiro acolleu onte a presentación do Trofeo Xunta Campionato de Só Danza e Parellas que organiza o Club Patín Vagalume Celtamotor.

Na devandita presentación, que tivo lugar ás 10.00 h, estiveron presentes o xefe de servizo do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides Alonso; o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal; o presidente e adestradora do Club Vagalume, Miguel Quereizaeta Costas e Beatriz Fernández Bahamonde respectivamente; e o presidente do Comité de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe Alberto Covelo.

No Trofeo Xunta Campionato de Só Danza e Parellas, que se disputará este sábado 19, de 09.00 a 20.00 h no Pavillón Óscar Pereiro, participarán uns 30 patinadores e patinadoras de entre 11 e 25 anos de idade, de diferentes categorías que van desde Infantil a Senior, tanto masculino coma feminino, e individual e parellas de Artístico e Danza; tod@s pertencentes a 5 clubes de patinaxe das cidades de A Coruña e Vigo. Deportistas.

A entrada para o público será totalmente libre e gratuita polo que os amantes do deporte en xeral e da patinaxe en particular poderán achegarse para gozar dunha xornada do mellor espectáculo sobre patíns.

Desde o Club Vagalume quixeron onte “agradecer tanto á Xunta de Galicia como ao Concello de Mos a man tendida, a disposición e as facilidades para poder celebrar este trofeo nunhas instalación excepcionais como as do Pavillón Óscar Pereiro”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad