A proposta socialista estaría dotada con 200.000 € inicialmente e repartidos en dúas liñas: Pequenas empresas, comerciantes e autónomos; e familias en risco de exclusión e persoas xubiladas con escasos recursos
O voceiro do Grupo Municipal Socialista do Porriño, David Alonso Bargiela, xunto cos concelleiros Sergio Casal Quintas e Emilio Diz Castiñeira, consensuaron hoxe xunto a membros da nova executiva local, o contido da súa primeira iniciativa para o vindeiro Pleno da corporación municipal, o “Bono Social Enerxético”.
O novo voceiro socialista, afirmou que “a actualidade que estamos a vivir a nivel internacional, comeza a ter un gran impacto social nas familias e empresas da nosa contorna. Por elo, é necesario que o Concello do Porriño reoriente a súa actividade a esta problemática social, derivada da alza de prezos de combustibles e da electricidade. Non só os 860 autónomos e as medianas empresas estanse a ver perxudicadas, senon que está a suponer auténticas traxedias económicas nas familias con menos recursos.”
David Alonso lembrou que “durante a pandemia da COVID-19 o goberno socialista impulsou o primeiro plan de apoio a comerciantes, hosteleiros e autónomos, e pensamos que estamos a vivir novamente un momento de excepcional urxencia social e, polo tanto, estimamos preciso que o Concello do Porriño aprobe unha nova liña de apoio aos colectivos máis desfavorecidos, cunha partida orzamentaria dirixida a compensar parte dos gastos derivados de esta alza de presos”.
Deste xeito, o grupo municipal socialista porriñés plantexará no vindeiro Pleno unha iniciativa orientada a crear un bono social enerxético, diferenciando dúas liñas:
– Pequenas empresas, comerciantes e autónomos.
– Familias en risco de exclusión e persoas xubiladas con escasos recursos.
David Alonso explicou que, dende a bancada socialista, “queremos que a corporación municipal aprobé o ‘Bono Social Enerxético’ para poder facer fronte á situación que vivimos e porque temos que comprometernos cos porriñeses e porriñesas que o están pasando mal. Para elo, plantexamos que este bono social enerxético comece cunha partida de choque de 200.000 €, sen menoscabo a que no futuro, se poida ampliar a súa dotación en caso de ser necesario”.
O grupo socialista manterá contactos co resto dos grupos da corporación e con diversos colectivos sociais e económicos do Porriño, para plantexar esta iniciativa e recoller as súas inquedanzas, agardando o apoio dos mesmos xa que “o alcalde do Porriño debería ter claro nestes intres, as prioridades sociais dos nosos veciñ@s. Temos que centrarnos no importante e ter altura de miras.”