O cartel gañador escollerase entre os escolares participantes e será a imaxe do Entroido do Concello do Porriño 2022
As tres persoas premiadas recibirán un lote de material escolar, ademais de ser @s pregoeir@s do Entroido 2022 do Porriño
Dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística o Concello do Porriño, dirixida por Carolina González, convócase o I Concurso Escolar de Carteis do Entroido para atopar a imaxe promocional deste evento na vila.
O concurso, está dirixido aos alumnos de infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do Porriño e aos de Aceesca e foi elaborado de forma conxunta polos servizos municipais da OMIX e Normalización Lingüística. @s tres finalistas, serán premiados cun lote de material escolar e serán @s pregoeir@s do Entroido 2022 do Porriño, pero só un dos deseños será será a imaxe do Entroido do Concello do Porriño 2022.
O Concello pretende implicar á cidadanía na organización da súa axenda cultural, promovendo e dinamizando a lingua e cultura galegas a través dunha festividade tan vencellada á nosa tradición cultural.
Dende a Concellería de Educación, OMIX e o Servizo de Normalización Lingüística animan aos alumn@s do Porriño a participar dende os seus respectivos centro de ensino.
Os carteis serán expostos no Centro Cultural Municipal e mais na páxina de ecultura.net durante o desenrolo do Entroido. As bases pódense consultar aquí.