O vindeiro xoves 27 ás 19.30 h procederase á pegada de cartaces no centro de saúde e posteriormente ás 20.00 h una concentración diante do Concello do Porriño
Xa pasaron 4 anos dende que EU SON do Porriño comezou a concentrarse mensualmente pola ampliación do centro de saúde e por una atención sanitaria digna, e “seguimos na rúa” subliñan.
O grupo de esquerda explica que “o contrato para a obra está a piques de asinarse, é cuestión de días, pero de nada serve que teñamos as instalacións máis grandes, se os servizos son cada vez máis cativos.
Entrando nas pretensións sanitarias para O Porriño “reclamamos unha Atención Primaria digna: persoal, dotacións, atención presencial, un servizo de pediatría en condicións para un dos concellos con máis poboación infantil de Galicia, un servizo de saúde mental, fisioterapia, radioloxía…”
O grupo de esquerda manifesta que “a Xunta non pode usar a escusa da pandemia para acabar con todo e beneficiar así intereses privados. A sanidade é un dereito, non o privilexio de quen a poida pagar, coa saúde non se fai negocio.
É por todo o exposto polo que dende EU SON “chamamos a todas as veciñas e veciños a sumarse un mes máis a esta mobilización. O xoves 27, ás 19.30 h. estaremos no centro de saúde colocando cartaces de protesta e convidamos a tod@s a facer o seu na casa e levalo tamén para amosar o rexeitamento a esta ladroíza. Ás 20.00 h. celebrarase a concentración diante do Concello para facer máis doada a asistencia ás persoas maiores”.