Sthela Táboas 17/01/2022

Un dos elementos máis representativos da infancia de moitos porriñeses que tivo o seu lugar na Praza Arquitecto Antonio Palacios, converterase nunha biblioteca escolar que incentivará a lectura d@s alumn@s

O coñecido “Quiosco de Mucha”, instalado na praza do Concello nos 90 e retirado no 2016 tras varios anos de desuso polo seu mal estado, iniciará unha nova etapa este curso transformado en Biblioteca de Patio do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios.

Dende a súa retirada, permanecía no exterior das instalacións municipais de Torneiros, onde Tatiana Pérez, responsable de Biblioteca deste centro escolar de Torneiros e impulsora da iniciativa, o contemplaba cada mañá ao acudir ao colexio.

“O quiosco de Mucha é algo especial para todos os porriñeses e pareceume que sería interesante reutilizalo”, explica Tatiana “desde hai anos levamos a cabo un plan de mellora do patio e tamén pretendemos levar a lectura a máis espazos do centro. O quiosco é perfecto para xuntar ambas cousas, reconverténdoo nunha biblioteca de patio onde os nen@s poidan coller libros para ler e tamén xogos de mesa no recreo”.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou o colexio para interesarse polo proxecto e comprometeuse a colaborar no que sexa necesario para a súa posta en marcha. Deste xeito, o  Concello levará a cabo a restauración e posta a punto do quiosco, que inclúe o cambio de xanelas, reparación do interior e instalación de chan. “Pareceume unha idea marabillosa e faime unha especial ilusión que este quiosco, tan emblemático da nosa vila, se convirta nun lugar que albergue libros e reivindique o hábito de ler entre os máis pequenos como unha alternativa de lecer”, “@s nen@s do Porriño de entón crecemos acudindo ao quiosco de Mucha e alédame enormemente que @s nen@s do Porriño de agora poidan seguir facéndoo”.

O rexedor anunciou que esta semana comezará unha ronda de visitas aos centros escolares para coñecer da man dos seus equipos directivos as necesidades que presentan.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad