Sabela Landín 17/01/2022

Deste xeito non queda xa en Mos ningunha depuradora municipal en activo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, informaron hoxe de que xa está realizada a contratación do proxecto de conexión á rede municipal da rede de saneamento de Herville e rede de Abelenda que será acometido polo Consorcio de Augas do Louro, comezando a obra en breve, e polo que a depuradora municipal de Herville pasará a verquer directamente á rede de saneamento.

Por outra banda, atópase tamén en proceso de licitación a obra para inhabilitar tamén a depuradora de Petelos, a piques de rematar o período de exposición pública, polo que as empresas poderán presentar as súa ofertas ata comezos da semana próxima. Ao igual que no caso de Herville, a depuradora de Petelos pasará tamén a verquer directamente á rede de saneamento do Consorcio do Louro, quedando desde xeito inhabilitadas as dúas únicas depuradoras municipais que permanecían en activo.

Deste xeito non queda xa ningunha depuradora municipal activa en Mos, posto que as de Torroso e Tameiga xa estaban inhabilitadas vertendo á rede do Consorcio e agora con este proxecto as outras dúas, en Herville-Cela, e Petelos, farano tamén.

A EDAR de Herville está situada no marxe dereito dun regato, afluente do río da Miñoteira. Foi construída no ano 2011 para tratar os vertidos correspondentes a 450 habitantes equivalentes e un caudal de entrada de 135 m3/día.

A esquina inferior esquerda da parcela delimitada polo peche da EDAR, atópase dentro do DPH. Neste proxecto contémplase a execución das obras precisas para manter a EDAR de Hervill fóra da zona de servidume do cauce do río, así como a execución dos colectores necesarios para a conexión das augas residuais que chegan a este punto, á rede de saneamento existente.

Proxéctase un colector de PVC de 315 mm de diámetro cunha lonxitude total de 1.778 m.

Garantirase a total estanqueidade dos pozos de rexistro e disporán de tapas estancas, para evitar a entrada de augas pluviais nos mesmos. No proxecto preséntase un prazo de execución de 6 meses e un presuposto de execución por contrata de 289.754,31 €.

Parte do novo trazado de saneamento discorre polo termo municipal do Porriño.

A EDAR de Petelos está situada na marxe dereita da rúa Brea e ao oeste do rego Cerqueira. A impulsión proxectada discurrirá nos seus primeiro 164 m baixo a cuneta en terras situada na marxe esquerda da rúa Brea, cruzando posteriormente o camiño que da acceso ao pabellón e as pistas polideportivas. A continuación, discurre baixo o aparcamento situado nese mesmo marxe da rúa nunha lonxitude de aprox. 315 m, pasando fronte ao Instituto de Educación Secundaria e o Colexio Público de Petelos. A continuación, nun tramo de 85 m discurre polo carril esquerdo da rúa e no seu último tramo disporase pola zona verde situada fronte ao Multiusos de Mos, para conectarse á rede de saneamento existente no pozo de rexistro existente.

Proxéctase un pozo de bombeo, que se situará na parcela onde está situada a EDAR de Petelos, desde o que partirá unha impulsión PEAD de presión nominal 10 atm e de diámetro 180 mm nunha lonxitude de 685 m.

O pozo de bombeo realízase en formigón armado de dimensións interiores en planta 3,70 m por 4,00 m e 4,00 m de profundidade. O espesor das paredes é de 0,40 m. Dentro disporase de dúas bombas capaces de elevar, individualmente un caudal de 22,3 l/s a unha altura de 6 m.c.a.

O sistema de funcionamento será mediante 2 bombas (1+1) e a regulación de velocidade das bombas con variadores de frecuencia para que o réxime de impulsión sexa o máis regular e laminar posible. Contará cun cestón de gruesos e un aliviadeiro con válvula antirretorno. No proxecto presentase un prazo de execución de 6 meses e un presuposto de execución por contrata: 140.405 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad