Sthela Táboas 13/01/2022

Alimentación saudable e primeiros auxilios na escola, educación sexual e discapacidade, e rehabilitación do solo pélvico, foron os temas tratados

Tamén se propuxeron iniciativas para o Día Mundial contra a Obesidade que se conmemora o 4 de marzo, o Día Internacional Muller o 8 de marzo, e o Día Mundial da Saúde o 7 de abril

O Salón de Actos da Axencia de Colocación do Concello de Mos acolleu esta mañá a 2ª sesión ordinaria da “Mesa Coordinadora dos Programas Municipais de Saúde” (creada e constituída en marzo do ano pasado), que contou coa participación da concelleira de Política Social e Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, e a de Educación, Julia Loueiro.

Na orde do día abordouse a aprobación da acta anterior; a avaliación dos talleres almorzos saudables na escola; a exposición do taller de “primeiros auxilios na escola”, dirixido ao profesorado; a elaboración dunha intervención comunitaria, para dar resposta á necesidade detectada no Centro Residencial Ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa de Mos; a necesidade detectada no centro de saúde, sobre a prevención e rehabilitación do suelo pélvico; e rematouse coa rolda de rogos e suxestións por parte dos participantes da mesa.

Esta mesa coordinadora de programas municipais, é un espazo no que sentan diferentes axentes de saúde da comunidade: representación municipal, representación educativa, membros de asociacións, representación sanitaria, farmacia, traballador social, cidadáns…e un longo etc.

O obxectivo é traballar de forma coordinada e en equipo para dar a resposta máis efectiva ás necesidades de saúde da poboación de Mos. A existencia desta mesa favorece a acción intersectorial, que consiste en sumar esforzos (sinerxias) co propósito de desenvolver accións para lograr resultados en saúde, de maneira máis eficaz que os que se logran actuando de forma individual. As necesidades de saúde poden ser detectadas por calquera dos ámbitos comunitarios: concello, asociacións, colexios…e serán ditas necesidades as que establezan a composición da mesa.

Como se dixo, os temas tratados na sesión de hoxe foron a avaliación do taller almorzos saudables na escola: exposición das conclusións do taller, establecer planificación do curso 2021/2022, introducir hábitos saudables de hixiene bucodental, suxerencias da mesa. A exposición do taller “primeiros auxilios na escola” dirixidoao profesorado. Dar a coñecer o material e o método empregado e avaliacióndunhapilotaxe que levou a cabo nuncolexiodoutra zona de saúde. A elaboración dunha intervención comunitaria para dar resposta a una necesidade detectada relativa á educación sexual dirixida a un grupo de mulleres do Centro Residencia Ocupacional Escravas Virxe Dolorosa de Mos, para o que se crearon grupos de traballo.

Tamén se abordou a necesidade detectada polo equipo do centro de saúde de fomentar a educación para a saúde en relación coa prevención e rehabilitación do chan pélvico para previr e tratar a incontinencia urinaria en mulleres. Priorizando este problema de saúde pola súa elevada magnitude (prevalencia na poboación feminina), transcendencia (gravidade bio-psico-social), vulnerabilidade (trátase dun problema prevenible ou de fácil intervención se diagnostica e trata de forma precoz) e baixo custo-efectividade.

Ademais, relativo ao Día Mundial contra a Obesidade -que se conmemora o 4 de marzo- acordouse organizar un taller sobre alimentación; no mesmo mes, e con motivo do Día Internacional Muller (8 de marzo) levarase a cabo un taller de solo pélvico; e polo Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril, organizaranse en colexios e instituto, charlas sobre alimentación saudable e prevención dos trastornos alimenticios como a anorexia ou a bulimia.

Ademais do equipo de atención primaria do Centro de Saúde de Mos (enfermería, matrona e medicina),  nesta segunda Mesa participaron as mencionadas edís, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, en representación da Administración local; o director do Centro Residencia Ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa de Mos, a Psicóloga do CIM de Mos e representantes dos centros educativos mosenses.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad