Sthela Táboas 30/12/2021

O plan de mellora de viais que inicia o Concello do Porriño é “un dos obxectivos prioritarios da acción de goberno”

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou onte desde Mosende que o novo goberno municipal “acometerá un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”.

O rexedor que situou este plan como “un dos obxectivos prioritarios da acción de goberno” acudiu ata Devesa-Mosende en compañía dos concelleiros Ramón Porto, José Carlos González e Bienvenido Estévez máis a arquitecta municipal.

Segundo Alejandro Lorenzo “cómpre identificar os problemas e marcar prioridades para arranxar as estradas e camiños do viario municipal, con cargo ao próximo orzamento”. O novo gobernó municipal iniciou varios proxectos para a mellora de numerosos viais nas parroquias e no centro urbano”. 

Alejandro Lorenzo considera que “é moi importante que a cidadanía do Porriño que paga os seus impostos, teña cubertos e axeitados os servizos básicos e esenciais. Esa é unha das nosas prioridades no goberno municipal do Porriño”, rematou o alcalde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad