Sthela Táboas 28/12/2021

O novo goberno do PP potenciará a Atención Cidadá e a Transparencia e adicará unha concellería á Terceira Idade

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, fixo público hoxe o reparto de responsabilidades e delegacións entre os seus concelleiros. Destaca a creación das novas áreas de Atención Cidadá, Transparencia e Terceira Idade.

Das competencias repartidas entre os oito concelleiros do equipo “a idea é desenvolver un traballo transversal e coordinado que beneficie á cidadanía”. Trátase de “un equipo por e para Porriño”, afirmou Alejandro Lorenzo como síntese do esquema de traballo que propón.

“Xorden problemas e demandas cotiáns que non afectan só a un ámbito, senón ao conxunto do Concello e tamén a diversos sectores da poboación e por iso son necesarias actuacións integrais para optimizar os recursos dos que dispoñemos, aproveitar as sinerxías, e dar unha maior eficiencia, eficacia e calidade do servizo que prestamos” explicou o rexedor municipal.

A distribución de áreas e delegacións comeza coa do propio alcalde, Alejandro Lorenzo, que será titular das áreas de Economía e Persoal.

Abel Estévez, que será o primeiro tenente de alcalde, dirixirá Seguridade, Policía Local; Protección Civil e Voluntariado; Deportes; e Benestar Social.

Carolina González, segunda tenente alcalde, desenvolverá as delegacións de Educación, UNED e Programas Europeos; Igualdade; Sanidade; e Normalización Lingüística.

Ramón Porto será o concelleiro responsable de Vías, Obras e Servizos.

Antía Carrera dirixirá Urbanismo, Patrimonio Municipal do Solo; Contratación; Comercio; Mercado; Atención Cidadá e Transparencia; e Medio Ambiente.

José Carlos González terá as competencias de Parques e Xardíns; Limpeza; Lixo e Cemiterios.

Bienvenido Estévez faise cargo das competencias de Traída de Augas Veciñais; Asociacións; Parroquias; Novas Tecnoloxías; Xuventude; Cultura e Festas.

Por último, Sari Costas asume a nova área de Terceira Idade e ademáis as delegacións de Industria, Turismo, Formación e Emprego.

Alejandro Lorenzo amosouse satisfeito de ter un equipo cohesionado que traballe xunto e témolo“. E citou como proba diso “o traballo da brigada de Deportes que se encarga de arranxar os parques infantís; ou a cooperación das concellerías de Vías e Obras, Servizos, Limpeza Viaria, Parroquias e Asociacións nas actuacións urxentes de lavado e limpeza como a que hoxe se leva a cabo no entorno da Igrexa de Santa María”, concluíu Alejandro Lorenzo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad