Sthela Táboas 22/12/2021

O Pleno municipal para a elección de nova alcalde ou alcaldesa do Porriño será sen público polos protocolos COVID

O terceiro tenente de alcalde do Porriño, Sergio Casal Quintas, comunicou esta tarde aos grupos municipais da corporación que o Pleno de elección e toma de posesión, da persoa que exercerá como alcalde ou alcaldesa do Porriño, terá lugar sen público. Só se permitirá o acceso ao salón de plenos aos profesionais dos medios informativos, que deberán acreditar estar vacinados co certificado Covid e provistos de máscaras.

A sesión terá lugar este xoves, a partir das 18.00 h e retransmitirase por streaming na mediateca municipal, a través da páxina web do Concello.

A decisión tomouse ante o risco de aglomeracións no salón de plenos e a partir dos datos epidemiolóxicos que actualmente presenta Porriño. Con datos ata a data, 280 contaxios en 14 días e unha taxa de incidencia de 1.411, segundo o Sergas.

Sergio Quintas Casal xa informou aos voceiros de todos os grupos municipais, como presidente do pleno de investidura. Esta circunstancia débese a que tanto o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira, como a segunda tenente de alcalde, Lourdes Moure, son candidatos á alcaldía e polo tanto, non deberían presidir a sesión, misión que correrá a cargo de Sergio Quintas Casal, como terceiro tenente de alcalde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad