Sabela Landín 21/12/2021
teletraballo Mos

Os traballadores municipais poderán solicitar  un máximo de dous días  de traballo de forma non presencial

No Concello de Mos aprobou esta mañá  a “Instrución para a prestación de servizos en réxime de teletraballo”, que foi aprobada na Mesa de Negociación, o pasado 10 de decembro, co voto a favor de todos os sindicatos presentes, e será remitida ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.

A entrada en vigor da citada Instrución producirase aos 15 días a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A instrucción  do teletraballo será de aplicación aos empregados/as municipais que presten servizos no Concello de Mos, e ocupen un posto de traballo susceptible de ser desempeñado na modalidade de teletraballo.

O teletraballo ten como finalidade conseguir un mellor e mais moderno desempeño do posto de traballo a través do fomento do uso de novas tecnoloxías e a xestión por obxectivos, así como contribuír á conciliación da vida, persoal, familiar e laboral ou outras circunstancias persoais ou organizativas que así o aconsellen, sempre con un carácter voluntario e reversible.

Nesta modalidade de prestación de teletraballo, garantiranse as condicións esixidas en materia de prevención de riscos laboráis, da seguridade social, da privacidade, de protección e confidencialidade dos datos.

A partir da súa entrada en vigor os traballadores/as do Concello de Mos poderán presentar as súas solicitudes por Rexistro de entrada, preferentemente de xeito electrónico, con indicación das xornadas que pretenden ser desempeñadas en réxime de teletraballo, que se distribuirán como máximo en dos días de forma non presencial mediante teletraballo, e o tempo restante en xornada presencial. Así mesmo recóllense casos excepcionais en caso de que as circunstancias sanitarias ou outras circunstancias de carácter excepcional, así o aconsellen.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad